Comisiones Obreras. Huelga General. 14 de noviembre de 2012 | 3 abril 2026.

En Galicia el apoyo ha sido masivo con la paralización prácticamente total de la industria y los servicios

    Seguimento total da convocatoria nas principais empresas14-11-2012.- Os datos de seguimento da folga xeral, actualizados ás sete da mañá, amosan unha completa paralización dos sectores industriais e os servizos.

    14/11/2012.

    Servizos como a recollida do lixo pararon totalmente; os portos da Coruña, Vigo, Ferrol, Vilagarcía e Marín; así como, as lonxas de Vigo, Marín, Burela, Coruña, Celeiro e Ribeira. Ademais, as principais empresas de diferentes sectores tamén pararon totalmente. Foi o caso do sector da automoción en Vigo, Santa Bárbara, Megasa, Navantia, Factoría Naval de Marín, Ferroatlántica, Televés, Castrosúa, Maessa, Estrugasa, Alcoa, Galfor, Crown Cork Ibérica, Faurecia, GKN-Indugasa, Maderas Iglesias, Viza Automoción, Frinsa, Dalphi Metal, Rodman-Polyships, Frinova, Begano, Conservas Calvo, ENCE, Gamesa Eólica, Zara Loxística, Pull&Bear ou Indipunt, entre outras. A isto hai que sumarlle o paro total no sector aéreo, no ferrocarril de media e longa distancia e no transporte de viaxeiros por estrada.

        Tamén cómpre destacar, en relación aos medios de comunicación a situación que   se está a vivir na CRTVG, na que por primeira vez en 25 anos se chegou a un acordo de servizos mínimos que supón non emitir nada en directo, só tres informativos (Bos Días, TX1 e TX2), que durarán a metade do habitual, e co compromiso de introducir ao comezo de cada programa e ao final un crowll no que se explica que hoxe se emitirá "unha programación ou contido distinto do habitual debido á convocatoria de folga xeral".